
Os 100 dos International Trekkers
percorrendo os sete concellos do Barbanza
a primeira proba de 100 KM en Galicia
22 e 23 de xuño de 2019
Saída no pabellón de Coroso de Riveira
Prezos
Entre o 1 de febreiro e o 30 de abril:
– andaina 40€
– comida 15€
– comida acompañante 15€
Entre o 1 de maio e o 15 de xuño:
– andaina 55€
– comida 15€
– comida acompañante 15€
Regulamento
Os 100 dos International Trekkers é unha proba non competitiva de sendeirismo/ultratrail de 100 Km a realizar nun máximo de 24 horas, organizada polo Club Deportivo International Trekkers Barbanza Sar e pertencente á Copa Galega de Andainas da Federación Galega de Montañismo.
A proba ten como saída Riveira á 16h do 22 de xuño de 2019.O percorrido, balizado, é de 100km polos concellos de Noia, Son, Riveira, Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo e Lousame, a completar nun tempo máximo de 24 horas. A proba rematará, polo tanto, ás 16h do 22 de xuño de 2019.
A organización poderá facer as modificacións que vexa necesarias, para o correcto desenvolvemento da proba. En caso de forza maior podería suspender a proba.
Ten o seguinte regulamento:
Seguros e estado da saúde
A organización, aínda que subscribirá un seguro de accidentes e responsabilidade civil, non se fará responsable dos danos que poidan sufrir os participantes, estando polo tanto exenta de calquera tipo de indemnización.
Os participantes teñen a obriga de seguir as indicacións dos organizadores. É conveniente que dispoñan de licenza federativa (ficha montaña), ou dalgún seguro deportivo particular, aínda que non é obrigatorio.
Ao inscribirse, os participantes declaran non padecer lesión algunha que poida agravarse como consecuencia da realización da proba, eximindo á organización de calquera responsabilidade derivada delo.
É responsabilidade do participante facerse os test, chequeos ou probas médicas necesarias para verificar o seu axeitado estado de saúde.
Ao inscribirse, os participantes declaran non padecer lesión algunha que poida agravarse como consecuencia da realización da proba, eximindo á organización de calquera responsabilidade derivada delo.
É responsabilidade do participante facerse os test, chequeos ou probas médicas necesarias para verificar o seu axeitado estado de saúde.
Inscricións e cancelacións
O único lugar para inscribirse é a web mediante o pagamento por Plataforma. última data para inscribirse é o 10 de xuño.
As inscricións serán persoais e intrasnferibles. O importe das inscricións para os 100 do 2019, son:
Entre o 1 de Febreiro e o 30 de Abril:
– andaina 40€
– comida 15€
– comida acompañante 15€
Entre o 1 de maio e o 15 de Xuño:
– andaina 55€
– comida 15€
– comida acompañante 15€
Non se admitirán inscritos a partir do 16 de Xuño.
A organización permitirá un máximo de dous acompañantes por inscrito para o xantar de confraternización con un custo de 15€/persoa. As entradas para os acompañantes pagaranse por adiantado na propia páxina dos itrekkers.org
– O importe da inscrición será reembolsable con estas condicións:
Ata o 31 de maio, devolución do 90% do abonado OU 100% coma adianto da inscrición para a edición do vindeiro ano, se houbese. O participante contactará por correo electrónico á organización solicitando a cancelación da súa participación e indicará se solicita devolución do 90% do abonado ou prefire o 100% coma adianto da inscrición da edición do 2020, se houbese.
Se o participante desexa a devolución do 90%, debe coordinar coa organización cómo se efectuará a devolución (Paypal, transferencia bancaria…), que é decisión última da organización.
Se o participante desexa que a cantidade abonada se utilice coma adianto da edición do 2020, se houbese, o valor abonado en 2019 subtraerase da cantidade da inscrición do momento en que se inscriba no 2019. Para elo debe indicar na sección “comentarios” da Inscrición que ten a súa praza parcialmente prepagada.
Nas cancelacións a partir do 1 de xuño non se devolverá ningunha cantidade nin se poderá utilizar como adianto para a edición do vindeiro ano.
O feito de facer a inscrición implica que tódolos participantes asumen os riscos da proba e aceptan as condicións da organización, así como a aceptación de que o nome do inscrito figure na páxina web.
Antes da proba
Control de saída
Dende as 13:30h do día 22 de xuño estará habilitado na zona de control de Saída/Chegada a entrega de pulseiras identificativas e localizadores GPS. Tódolos participantes deben achegarse a esta zona entre 13:30 e 15:30h.
– Os participantes só poderán recoller un dorsal, e dicir: a entrega de dorsais será persoal e intransferible; e terán a obriga de firmar a folla de control antes da saída da proba.
Durante a proba
Abandono e incidencias
Tódolos participantes que teñan algunha incidencia durante a proba deberán contactar co teléfono de emerxencias ou comunicarllo a persoal da proba que estará identificado. Para abandonos, debe chegar ó posto de control ou avituallamento máis cercando dende onde será trasladado á saída/chegada en coche. Todos os participantes deberán pasar pola saída/meta en Riveira para entregar o localizador GPS e recoller camisetas e agasallos.
Material obrigatorio
É obrigatorio que os participantes leven consigo o seguinte material durante os 100km. O feito de non levar consigo parte deste material pode facer que se descualifique:
** OBRIGATORIO dende o principio da proba:
Pulseira identificativa da proba colocada nun lugar visible do corpo
LOCALIZADORES GPS: É obrigación do participante levar aceso constantemente os localizadores GPS entregados e devolvelos en boas condicións ó finalizar a proba.
Contedor para líquidos
Lanterna ou frontal
Gorra ou pano
Teléfono móbil con batería e saldo dabondo,
Chifre ou silbato para emerxencias.
** OPCIONAL, recomendado: manta de emerxencia, luz traseira cor vermello, alimentos, chaqueta impermeable con membrana transpirable.
– Os participantes terán a obriga de socorrer aos accidentados que necesiten axuda, así como avisar dos percances, nos controis de paso que se atopen máis preto da incidencia.
Outras consideracións
A organización resérvase o dereito de poder retirar aos participantes que entenda no se atopen nas condicións físicas axeitadas para rematar a proba ou as que non respecten o medio.
A proba estará sinalizada con cintas reflectantes, pintura e, no tramo nocturno, luminarias.
Os participantes menores de idade deberán ir acompañados por un familiar ou titor, que será o responsable dos mesmos mentres estean facendo a proba.
Botar lixo fóra dos contedores axeitados está prohibido e implicará a EXPULSIÓN INMEDIATA da proba.
Despois da proba
Todos os participantes que cubran os 100km do que consta a proba terán dereito a unha medalla de Finisher, de deseño propio, e diploma indicando o tempo acadado.
Todos os inscritos que fagan a saída teñen dereito á camiseta ou prenda conmemorativa e ó xantar de confraternización que se celebrará a partir das 14h na chegada. Tamén teñen dereito a adquirir duas invitacións por participante para familiares ou amigos ó prezo indicado pola organización.
Xantar de confraternización para acompañantes: Ó igual que coa participación na proba, o importe do xantar de confraternización para acompañantes será reembolsable ata o 31 de maio, devolvendo o 90% do abonado. O participante contactará por correo electrónico á organización solicitando a cancelación da participación do(s) acompañante(s) e indicará que solicita devolución do 90% do abonado. Esta devolución será mediante a pasarela PayPal.
Nas cancelacións a partir do 1 de xuño non se devolverá ningunha cantidade.
Dereitos de imaxe
A aceptación do presente regulamento implica obrigatoriamente que o participante autoriza á organización á gravación total ou parcial da súa participación na mesma, dá o seu consentimento para que poida ser utilizada a súa imaxe para a promoción e difusión da imaxe da proba en todas as súas formas (radio, prensa, vídeo, foto, internet, cartelería, medios de comunicación, etc.) e cede tódolos dereitos relativos á explotación comercial e publicitaria que consideren oportuno executar, sen dereito pola súa parte de recibir compensación económica algunha.
– O feito de facer a inscrición implica que tódolos participantes asumen os riscos da proba e aceptan as condicións da organización, así como a aceptación de que o nome do inscrito figure na páxina web.
A organización resérvase o dereito a modificar este regulamento previo aviso ós participantes no correo electrónico facilitado na inscrición e na web itrekkers.org
