«Estamos orgullosos da aceptación e apoio que ten a Andaina dos Cen»

Ata duascentas setenta e sete persoas de sete países e de dez autonomías prevén iniciar esta tarde en Ribeira a emblemática proba que organiza o Club International Trekkers Barbanza-Sar // Un dos directivos, Juan José Fajardo, destaca o prestixio dunha cita que este ano bate récord

O empresario boirense Juan José Fajardo, un dos directivos do Club International Trekkers Barbanza- Sar – FOTO: SUSO SOUTO

Deportistas de sete países extranxeiros e de dez comunidades autónomas españolas daranse cita hoxe na VI Andaina dos 100 Quilómetros que organiza o Club International Trekkers Barbanza-Sar e que se disputará ata mañá cun circuito circular que sae e chega a Ribeira e que percorre sete concellos. A proba, non competitiva, dispútase nas modalidades de ultratrail (correndo) e andaina (andando). Un dos principais promotores e organizadores é o empresario boirense Juan José Fajardo, directivo de dito club.

Cal é o grao de participación e de colaboración deste ano?

Esta edición bate récord, con 277 inscritos. Estamos moi orgullosos do interés que suscita esta proba, pero tamén do apoio institucional e empresarial que ten. Temos colaboradores da industria e do comercio dende a primeira edición. E os concellos implícanse moito. Ademais, algúns alcaldes mesmo fan a ruta con nós. A aceptación é tal que moitos municipios ansían volver a ser anfitrións. O vindeiro ano será Lousame. Moitos acuden a outras probas de cen quilómetros noutros lugares de España e din que, coma esta, non hai ningunha. Quizá esta aínda sexa pouco coñecida. Pero o boca a boca funciona cada vez máis, como demostra o feito de que cada ano aumenta o número de anotados.

Que custa máis organizar?

A marcaxe nocturna. Polo demais, buscar os patrocinios non nos é xa complicado. Todos repiten como patrocinadores. Este ano todos os andariegos levarán, ademais dunha medalla, un lote de conservas de Jealsa. E sortearemos un reloxo deportivo que dona a reloxería Jael de Santiago. Hai moito traballo detrás.

Canta xente colabora?

O núcleo central está formado por unhas dez persoas, pero hai outras 50 máis que colaboran.

Cal é o trazado?

Os participantes atravesarán diversos enclaves de gran valor paisaxístico e patrimonial de Ribeira, Boiro, A Pobra, Rianxo, O Son, Noia e Lousame. Este ano, o 40% do percorrido farase pola costa. A proba arranca hoxe ás catro da tarde da ribeirense Praza de España. Alí iníciase unha ruta que se deberá completar antes de 24 horas, hacia Rianxo, Lousame, o monte Iroite (a 680 metros de altitude), Chans do Barbanza, A Curota, cruceiro de Moldes, mirador de San Alberto e Pedra da Cabra, entre outros lugares.

Donde hai avituallamentos?

Os cen quilómetros divídense en cinco tramos e hai nove avituallamentos. O primeiro tramo abarca Palmeira, A Pobra e Escarabote e adéntrase en Boiro. É case plano e ten 22 quilómetros. O segundo discurre por Neixón, Beluso e Taragoña e remata no polideportivo, no punto quilométrico 48, donde terá lugar a cea dos participantes. A partir dese punto empeza a subida por San Ramón de Bealo, Moimenta e o lugar máis alto, situado no monte Iroite, ata A Graña. Pola balconada dirixiranse hacia A Curota e Moldes. O último, de doce quilómetros, é o máis levadeiro, con descenso pronunciado e chan ata a praia de Coroso, en Ribeira.

¿Como se deseña a ruta?

Fano o presidente do club, Francisco González Lojo, e o director técnico. Pero todos facemos aportacións. Salvo nalgún punto concreto, donde, por especial dificultade, é o concello o que desbroza, normalmente facémolo nós e sinalizamos o itinerario, que está delimitado con cintas reflectantes, pintura e luminarias.

¿De donde proceden este ano os inscritos?

Inscribíronse persoas de Inglaterra, Alemania, Dinamarca, Bielorrusia, Francia, Portugal e Brasil. En canto ós españois, hai unha trintena que chegarán de Cataluña, xunto a deportistas de Euskadi, Cantabria, Asturias, as dúas Castelas, Madrid, Valencia, Andalucía e, por suposto, Galicia, de donde proceden a maioría.

¿Que porcentaxe a completa?

En torno a un 80 %. Algúns abandonan por lesións. Pero moi poucos por agotamento moral.

¿Quen é o socio do club con máis quilómetros ás súas costas?

O que ten participado en máis andainas é Arturo Reboyras, que ten 103, a maioría de 50 quilómetros. Eu levo unhas cincuenta.

SUSO SOUTO

En pdf

Via: elcorreogallego.es